O 13 e 14 de outubro de 2016 terá lugar o IV Coloquio de Lingüística Histórica, desta vez organizado polo Centro de Estudos Galegos da Universidade de Estremadura.
Nesta IV edición do Coloquio o fío temático constituirano as relacións entre as linguas galega e portuguesa no eixo cronolóxico. Nas súas fases moderna e contemporánea, de enfoque contrastivo, serán obxecto de atención tanto os aspectos lingüísticos (fonolóxicos, morfosintácticos e léxicos) como os socio‑históricos e culturais. No período común, o medieval, primarán a contextualización histórica e a emerxencia do romance Aquén e Alén Miño, complementadas con descricións lingüísticas dos períodos latino e romance.
Os obxectivos do congreso son:
-
Revisar e poñer ao día os avances nos estudos de lingüística histórica galega.
-
Presentar as experiencias investigadoras nos ámbitos galego, portugués, hispánico e románico.
-
Reflexionar sobre a importancia da actualización dos coñecementos nesta disciplina e a conseguinte proxección investigadora e pedagóxica para os distintos colectivos implicados e interesados nela.
Os/as destinatarios do congreso son
profesores/as e estudantes universitarios/as; profesores/as de ensino primario e secundario, escolas oficiais de idiomas e de formación profesional; inspectores/as ao servizo da Administración educativa, así como profesionais de gabinetes de normalización lingüística.
Cartaz do congreso
IV COLoQUIO DE LINGÜÍSTICA HISTÓRICA
Cáceres, 13-14/10/2016